07/12/2023
⏳️⏳️⏳️CONTA ATRÁS PARA A RECLAMACIÓN DOS GASTOS HIPOTECARIOS!!!
📌 Lembramos que o vindeiro 23 de xaneiro de 2024 remata o prazo para a reclamación dos gastos hipotecarios.
📌As entidades bancarias deben proceder á devolución da metade dos gastos de Notaría e da totalidade dos gastos de Rexistro da Propiedade, taxación e xestoría, que foron abonados polo cliente na constitución do préstamo hipotecario.
📌Con carácter previo á reclamación xudicial convén presentar unha reclamación formal ante o banco, o cal disporá do prazo de un mes para contestar. Por tal motivo recomendamos que esa reclamación formal se deixe presentada antes do 23 deste mes.
📌Documentación necesaria: escritura do préstamo hipotecario, factura de Notaría, do Rexistro da Propiedade, de taxación e xestoría.