20/08/2026
Accidente laboral dun mariñeiro.
Bos días!
Estamos a piques de coller vacacións, pero antes imos falarvos dunha nova sentenza gañada en Pontevedra no Xulgado do Social.
Conseguimos revocar unha resolución do ISM (Instituto Social da Mariña) que calificaba como "continxencia común" a baixa laboral sufrida por un mariñeiro nun barco de pesca.
O noso cliente (o mariñeiro) sufriu un accidente laboral a bordo, pero a baixa foi tramitada como contixencia común, algo fronte ao que reclamou o mariñeiro a través dunha "impugnación de contixencia" ante o ISM.
Dita reclamación foi desestimada polo ISM quén, ademáis , non completou o expediente administrativo correctamente, ao non incluir no mesmo á reclamación previa formulada polo noso cliente.
Ante a desestimación interpuximos demanda e celebramos xuizo, gañando o mesmo, calificándose a contixencia como profesional, o cal dará ao noso cliente a posibilidade de cobrar máis polo tempo de baixa e, ademáis, iniciar un posibel procedimento de danos e perxuizos contra o armador e a súa asegurada.
A sentencia pode ser recurrida, teremos que esperar á súa firmeza. Disfruten das vacacións e boa semana aos que traballades!
[email protected]
636233130