Xestiago: Inmobiliaria e Seguros

Xestiago: Inmobiliaria e Seguros Xestión e Intermediación Inmobiliaria, Seguros: proporcionamos un trato directo e participativo na súa xestión.

24/12/2020
Deixámoslles varias infografías sobre protocolos de como actuar ao saír de casa, ao entrar en casa e en caso de conviven...
26/03/2020

Deixámoslles varias infografías sobre protocolos de como actuar ao saír de casa, ao entrar en casa e en caso de convivencia con persoas de risco, ante o coronavirus COVID-19. Quédense na casa.

17/03/2020

Consellos d@s Administrador@s de Fincas colexiad@s: QUEDA NA CASA
• Tamén no teu edificio hai que manter a distancia de seguridade (mínimo un metro).
• Usa o ascensor o imprescindible, a escaleira axudarache a estar en forma. Se se usa o ascensor non máis dun usuario por proximidade. E pulsar o botón de destino co dedo protexido.
• Está prohibido o uso das zonas comúns tales como xardíns, parques infantís, bancos, aparatos deportivos, zonas de recreo, piscinas, solariums, así como os recintos ou espazos pechados destinados a reunións nas Comunidades.
• Ao realizar as tarefas de limpeza e mantemento todo o persoal ao servizo do edificio empregados, limpadores, vixiantes, persoal de mantemento, debe observar as medidas de protección necesarias (lavado de mans frecuente, uso de luvas, máscaras...) en especial nas zonas máis sensibles ( pomos das portas, botoeiras dos ascensores, porteiros automáticos, pasamáns etc.).
• Todas as reunións de comunidades de propietarios deben aprazarse.
• Se se pide comida a domicilio, ao manipular billetes e moedas lavar as mans antes do pago e posteriormente de maneira inmediata.
• O mellor antiséptico é a auga con xabón, recomendable en áreas domésticas.
• Se se toca ou acariña unha mascota dun veciño, lavar inmediatamente as mans, aínda que non estea definido que se transmita desde os animais.
• Tranquilos cos asuntos pendentes: todos os trámites administrativos e procesuais están paralizados.
• Usa os servizos do teu Administrador de Fincas só cando sexa estritamente necesario.

17/03/2020

IMPORTANTE, COVID-19:
Como medida de contención do Covid-19, suspéndense a atención presencial desde o 16 de marzo.
A atención aos clientes realizarase por correo electrónico (preferentemente) e a través do teléfono habilitado.

Dirección

Bertamiráns
Amés
15220

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Xestiago: Inmobiliaria e Seguros publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir