Artigo 14 Cooperativa Xuridica

Artigo 14 Cooperativa Xuridica Artigo 14 é a primeira cooperativa xurídica que se constituíu en Galicia. Cooperativa de avogados adicada á prestación de servizos xurídicos en Galicia.

Como xa sabedes, ARTIGO 14 mantén un firme compromiso ca defensa dos animais e do seu benestar. Por iso queremos aclarar...
05/10/2023

Como xa sabedes, ARTIGO 14 mantén un firme compromiso ca defensa dos animais e do seu benestar.

Por iso queremos aclarar algunhas novidades da Lei de Benestar Animal, que entrou en vigor o pasado día 29/09/23.

Hoxe comezamos falando sobre a nova prohibición de venta de animais de compañía en tendas abertas o público.

SENTENZA TXUE 16.03.2023 SOBRE A COMISIÓN DE APERTURA EN PRÉSTAMO HIPOTECARIO. O Tribunal de Xustiza ditou sentenza este...
17/03/2023

SENTENZA TXUE 16.03.2023 SOBRE A COMISIÓN DE APERTURA EN PRÉSTAMO HIPOTECARIO.

O Tribunal de Xustiza ditou sentenza este 16 de marzo de 2023 en relación ao litixio do que coñece o Tribunal Supremo que enfronta a Caixabank cun consumidor en relación co carácter supostamente abusivo da cláusula de comisión de apertura dun contrato de crédito con garantía hipotecaria.

O Tribunal de Xustiza sinalou que, segundo o indicado por un dos órganos xurisdicionais remitentes daqueles asuntos, a Lei 2/2009 esixía que as comisións e gastos repercutidos ao cliente respondesen a servizos efectivamente prestados ou a gastos nos que incorrese a entidade bancaria.

Neste sentido, considera que, sen prexuízo da valoración do Tribunal Supremo, non parece que a comisión de apertura que ten por obxecto a remuneración de servizos relacionados co estudo, o deseño e a tramitación singularizada dunha solicitude de préstamo ou crédito hipotecario, os cales son necesarios para a súa concesión, poida incidir negativamente na posición xurídica na que o Dereito nacional sitúa ao consumidor, a menos que non poida considerarse razoablemente que os servizos proporcionados como contrapartida préstanse no ámbito das prestacións antes descritas ou que o importe que debe abonar o consumidor en concepto da devandita comisión sexa desproporcionado en relación co importe do préstamo.

En calquera caso, serán os xulgados españois os que deberán apreciar se consta acreditado o servicio que a comisión de apertura remunera ou polo contrario, esta cobrouse de forma xenérica a tanto alzado.

A carga da proba lle corresponde as entidades financeiras.

Para saber mais [email protected] 981.075.538.

Comenzamos o ano ca Sentencia 1/2023 de 2 Ene. 2023, do Xulgado do Mercantil 1 de Pontevedra na que condena a ORANGE por...
12/01/2023

Comenzamos o ano ca Sentencia 1/2023 de 2 Ene. 2023, do Xulgado do Mercantil 1 de Pontevedra na que condena a ORANGE por prácticas abusivas o incluir datos de exclientes en ficheiros de morosidade de forma inxustificada.

Resulta que Orange veu mantendo como práctica habitual con antigos clientes, que xa se deron de baixa nos seus servizos, mesmo aos que prestaba eses servizos de maneira defectuosa, a de incluír os seus datos en ficheiros de solvencia patrimonial por falta de pagamento de débedas reclamadas unha vez finalizada a súa relación contractual con eles, a pesar de que eses clientes nunca faltaran ao pago doutras débedas con anterioridade.

Trátase, ademais, na xeneralidade dos casos, de débedas de escasa contía para cuxo cobranza Orange non iniciara ningunha acción xudicial.

Cando a débeda non foi xudicialmente reclamada, unido ao feito de que a persoa afectada nunca incorrera en falta de pagamentos nin fora incluída por outros acredores en ficheiros de morosos con anterioridade, non existe motivo real para dubidar acerca da súa solvencia patrimonial nin tampouco para poder considerala como alguén con risco de incorrer en morosidade no cumprimento das súas obrigacións dinerarias en xeral.

Por tanto, a inclusión das persoas que se atopan nestas circunstancias nos ficheiros de morosidade só pode ter o obxectivo real de prexudicar a súa reputación, a modo devendetta por opoñerse ao pago dunha débeda que Orange considera lexítima, ou ben o de servir de medio de presión para que se plieguen ás esixencias da empresa e procedan a pagar a débeda cuxa procedencia inicialmente discutían.

O anterior supón un claro incumprimento da finalidade lexítima dos ficheiros de solvencia patrimonial, o que implica a ilexitimidade da inclusión.

Con iso, atopámonos ante unhas prácticas abusivas, consistentes nunha presión ilexítima dirixida a que os afectados paguen débedas controvertidas, que vulneran os dereitos máis básicos dos consumidores (incluído xeralmente o dereito fundamental á honra).

12/01/2023

SOBRE A PRESTACIÓN DE MATERNIDADE EN FAMILIAS MONOMARENTAIS.

Recente STC do TSJ Cataluña na que declara que a muller ten dereito a ampliar en 16 semanas a suspensión do contrato e a prestación de maternidade cando se trata dunha familia monomarental, coma se fose unha familia biparental.

Sobre a prestación de maternidade, a súa finalidade ademais da protección da saúde, tamén é moi importante a atención e coidado do menor, por iso non poden descontarse a muller nai monomarental as 6 primeiras semanas que corresponderían ao home

Debe primar o interese superior do menor e é obvio que as necesidades dun recentemente nado son iguais, teña un ou dous proxenitores.

Hoxe día existen moitísimas familias de dous membros, este modelo familiar ten maiores dificultades para atender aos seus fillos/as, particularmente no caso das mulleres traballadoras.

Non hai razón obxectiva para manter a diferenza de trato cos familias biparentais, debendo valorar se hai unha discriminación indirecta por razón de s**o xa que o 81% das familias monoparentais son encabezadas por unha muller.

O texto da Stc aquí:

"A desactivación do delito de sedición é unha mera escusa para unha modernización encuberta dos tipos penais represivos ...
16/11/2022

"A desactivación do delito de sedición é unha mera escusa para unha modernización encuberta dos tipos penais represivos con severas consecuencias para o dereito á protesta, do que resulta un agravamento en bloque dos dispositivos legais de combate ordinario á disidencia política e social"

O triunfalismo co que PSOE e Unidas Podemos promoven a reforma lexislativa do delito de sedición baixo a falsa bandeira da súa suposta derrogación ou da redución das p***s, dispón en realidade unha intensificación da represión sobre a protesta social.

Especialistas en reclamacións bancarias en Galicia (revolving, gastos hipotecarios, cláusulas abusivas). Compartimos o e...
28/09/2022

Especialistas en reclamacións bancarias en Galicia (revolving, gastos hipotecarios, cláusulas abusivas).

Compartimos o enlace a última reportaxe publicada sobre o noso traballo e os resultados obtidos:

https://www.elidealgallego.com/articulo/sociedad/artigo-14-asi-primera-cooperativa-juridica-gallega-especializada-derecho-consumo-reclamaciones-bancarias-tarjetas-revolving-3903670

Para mais info contacta a través do 981.075.538 ou [email protected]

Especialistas en reclamaciones bancarias en Galicia (revolving, gastos hipotecarios, cláusulas abusivas).

Compartimos el enlace al último reportaje publicado sobre nuestro trabajo y los resultados obtenidos:
https://www.elidealgallego.com/articulo/sociedad/artigo-14-asi-primera-cooperativa-juridica-gallega-especializada-derecho-consumo-reclamaciones-bancarias-tarjetas-revolving-3903670

Para más información contacta al 981.075.538 o a través de [email protected]

21/07/2022

A Sala III do Tribunal Supremo anulou o requisito de ter unha estatura mínima de 1,60 metros esixido ás mulleres para ser admitidas nas probas selectivas de ingreso no Corpo Nacional de Policía, ao constituír unha discriminación indirecta das mulleres respecto dos homes, a quen se require unha estatura mínima (1,65 metros) menos esixente, xa que é moito maior a porcentaxe de mulleres (25 por cento) que o de homes (3 por cento) que non alcanzan a altura requirida.

09/06/2022

PMEC Universidade da Coruña Módulo III
Outra experiencia de emprendimento en Galicia.
Presentación de Artigo 14. Cooperativa Xurídica

Eva Rosene, socia da cooperativa de traballo asociado, explica que
Artigo 14 Cooperativa Xuridica é un despacho multidisciplinar formado por un equipo de avogadas con sede física en Santiago de Compostela e na Coruña.
O emprendemento como opción sendo importante a actitude e motivación para crear o teu posto de traballo; e a cooperativa como outra forma xurídica.

«Recentemente lograron que un cliente de Lugo recuperase 50.000 euros e que lle  condonaran unha débeda doutros 13.000 p...
27/04/2022

«Recentemente lograron que un cliente de Lugo recuperase 50.000 euros e que lle condonaran unha débeda doutros 13.000 por un litixio relacionado con tarxetas revolving.
Tamén están a reclamar a ampliación de permisos de maternidade en familias monoparentais e contan cun volume alto de traballo en reclamacións por abuso na contratación pública»

«Vemos na avogacía unha ferramenta de transformación social e a nosa profesión como un instrumento que pode cambiar a realidade na que vivimos»

Compartimos a entrevista de onte na Voz de Galicia na que tivemos a oportunidade de explicar a nosa forma de exercer a a...
25/04/2022

Compartimos a entrevista de onte na Voz de Galicia na que tivemos a oportunidade de explicar a nosa forma de exercer a avogacía, os servizos mais demandados, e a traxectoria do despacho.

Los dos despachos que forman este proyecto llevan sobre todo temas con trascendencia social y apuestan por hacer pedagogía con los clientes

20/04/2022

Unha reserva de hotel a través da web de Booking provocou que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) veña de establecer que cando un/unha consumidor/a pulsa sobre o botón de “finalizar reserva” non ten por que entender que está a formalizar un pedido, e consecuentemente, que ten que pagar.

Desta maneira, podería evitar pagar pola cancelación se se determinase que a expresión é ambigua.

As empresas poden recorrer a calquera expresión da súa elección, sempre que da devandita expresión resulte inequivocamente que o consumidor/a está suxeito a unha obriga de pago desde o momento no que pulse o botón de pedido ou active a función similar.

Dirección

Avenida De Oza, 38, 1ºD
A Coruña
15006

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 19:00
Martes 09:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 19:00

Teléfono

+34981075538

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Artigo 14 Cooperativa Xuridica publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

A nosa historia

O noso proxecto consiste na posta en marcha dunha cooperativa de avogacía adicada á prestación de servizos xurídicos na CA de Galicia, situando o establecemento orixinal en Santiago de Compostela, contando ademáis cunha sede en Coruña.

A diferenciación co despacho de avogados tradicional atópase na adaptación da prestación do servizo xurídico aos novos escenarios de traballo colaborativo, a incorporación das novas tecnoloxías ao sector legal e o labor pedagóxico en relación ao cliente.

A principal motivación despacho é a de poder prestar un servizo rápido e de calidade nas nosas áreas de especialización, incorporando as novas tecnoloxías ás relacións co cliente a fin de lograr unha maior accesibilidade.

Así mesmo, queremos garantir a todas as persoas, tamén ás que viven nas contornas máis vulnerables, un acceso igualitario ao coñecemento, exercicio e defensa dos seus dereitos e obrigacións. Constituímonos como cooperativa porque vemos nos principios de democracia e de igualdade o fundamento da nosa forma de entender o traballo. Participamos no proxecto de forma colectiva, responsable e solidaria, no compromiso común coa nosa contorna, o seu coidado e a súa transformación.